A Bitsonnet (Juriy Zaytsev, Maxim Chernyak) pola súa librería fabric.js.

A Jan Sorgalla polo seu carrusel de imaxes.

A Tim Baumann polo seu selector de cor triangular.

A todos os que participaron para crear jQueryTools. (Sistema de pestanas e deslizadores).

Aos que manteñen jQuery.

A Gabe Lerner polo seu código tradutor de SVG a Canvas Canvg

A The Noun Project pola súa recompilación de iconas e símbolos.

Ao Banco de imaxes do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y Formación Profesional).

A Xosé Lois Refoxos Pérez pola súa paciente axuda para traducir e revisar os textos en Galego.

A Javier Serrano Rodríguez polo seu asesoramento na realización das páxinas web.

En xeral a todos os que contribúen co seu traballo desinteresado, os seus coñecementos e a súa axuda a que a humanidade sexa máis sabia e solidaria.